Música de Naiama e ofrenda floral para homenaxear a Castelao

Música de Naiama e ofrenda floral para homenaxear a CastelaoO acto será o domingo 30 ás 12.00 horas na avenida que leva o nome do escritor

 

A Concellaría de Cultura que dirixe Fernando Groba convida a toda a veciñanza a participar na ofrenda floral na honra ao escritor, ilustrador e pensador Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co gallo do seu aniversario. A homenaxe terá lugar o vindeiro domingo 30 de xaneiro a partir das 12.00 horas.

 

A ofrenda floral realizarase na placa da avenida que leva o nome do escritor. O acto contará co acompañamento musical do grupo de gaitas Naiama, que tras o acto ofrecerá un breve concerto na Praza da Perillana.

 

Ponteareas completa esta homenaxe cunha exposición de láminas das Cousas de Castelao en seis edificios municipais e máis de 40 establecementos comerciais. Os comercios participantes na iniciativa repartirán rascas entre o público con cada compra cos que os ponteareáns e ponteareás poderán gañar camisetas cunha das ilustracións do escritor galego. Ademais, o ilustrador afincado en Ponteareas Pablo Prado, Fuco, impartirá este venres 28 na biblioteca municipal un obradoiro de iniciación ao humor gráfico galego. Dirixido a persoas a partir de 11 anos, o curso será de balde, de 18 a 20 h e con inscrición previa en bibliotecamuseo@ponteareas.es ou no 986 660 765.