Música de charanga en Pías dentro da programación do circuito cultural municipal

A charanga SDK animará, dentro da programación do Circuito Cultural Municipal, o xantar da asociación de veciños de Pías este sábado día 20 de xullo a partir das 17:30 horas.