Mozas e mozos de Ponteareas desfrutan coas actividades de verán da Ludoteca municipal

O pasado venres, día 5 de agosto, un grupo de  rapazas e rapaces da Ludoteca municipal acudiron a facer Surf á praia de Patos, en Nigrán. Favorecidos por unhas condicións climáticas extraordinarias, os mozos e mozas puideron gozar das actividades, iniciarse no coñecemento do mundo do Surf e desfrutar do mar.

IMG-20160808-WA0010

Este próximo venres, día 12 acudiran á Hípica Char da Freixa, en Ponteareas, onde desfrutarán dunha  xornada  na que combinarán as ensinanzas sobre o coidado dos cabalos  e poderán montar a cabalo, grazas á xentileza dos donos do club. A xornada rematará cun baño no río.

Están previstas outras actividades para os derradeiros venres: unha visita á Horta Ecolóxica de Carlos Rodríguez, en Moreira, será con probabilidade a seguinte actividade.

IMG-20160808-WA0012

Pero durante toda a semana, todos os grupos de rapaces e rapazas que se achegan á Ludoteca, teñen unha oferta de múltiples actividades: Festival de Karaoke, baile moderno, artes plásticas, repostería e cociña, tamén con elaboración de cócteles e batidos de vexetais e froitas; saídas aos parques e andainas;, así coma múltiples xogos en grupo e de paracaídas.

A semana que ven tamén poderán iniciarse no Tai Chi, xa que contaremos coa presenza dun profesor que lles impartirá unha clase maxistral de dúas horas para todos os que queiran participar.