Mobilidade e Tráfico informa das restricións á circulación de vehículos con motivo da cabalgata de Reis

A concellería de Mobilidade e Tráfico informa á opinión pública sobre a regulación do tráfico o vindeiro domingo 5 de xaneiro con motivo da cabalgata de Reis.

A cabalgata desenvolverase polas rúas Concha Brey, Constitución, Praza de Bugallal, Oriente, Praza Maior, República Arxentina, Fernández Vega e Reveriano Soutullo, rematando en Morales Hidalgo ao carón do Auditorio.

Por ese motivo, o acceso a todas as rúas enumeradas estará cortado á circulación de vehículos a partires das 14:00 do domingo. Do mesmo xeito non estará permitido o estacionamento nesas rúas desde dita hora.

Por outra banda, a avenida Fermín Bouza Brey cortarase á circulación de vehículos en ambos os dous sentidos desde as 16:00 até as 18:00, aproximadamente. Igualmente estarán cortadas ao tráfico entre as 17:30 e as 18:30 horas a avenida Rosalía de Castro nos dous sentidos e a rúa Redondela en sentido á Praza do Axente Comercial. A partires das 18:30 Bouza Brey, Rosalía de Castro e Rúa Redondela recuperarán a normalidade na circulación de vehículos.

A concellaría de Mobilidade e Tráfico recomenda aos condutores que para estacionar empreguen os aparcamentos de Granitos de Galicia, Rosalía de Castro, Avenida de Castelao, Santa Ana, Paseo Matutino, Rúa Carballos e Amado Garra, así como os das estradas periféricas da vila como a N-120 ou a estrada de Guillade, evitando circular nas inmediacións das rúas suxeitas a restricións.