México, Tailandia e Xeorxia protagonizarán unha nova edición do “Danzando entre Culturas”

O Grupo Algazara de Celeiros presenta unha nova edición de “Danzando entre Culturas” que terá lugar este domingo día 23 a partir das 21:30h no parque da Feira Vella co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas.
Nesta edición participarán grupos de países como México, Tailandia, Xeorxia ou Galiza.
Coa Compañía Mexicana de Danza Folklórica poderase gozar do espectáculo de 50 bailaríns en escena, músicos, artistas plásticos e coreógrafos que dan movemento, son e cor ao pasado e ao presente do país mediante espectáculos de alto nivel artístico percorrendo escenarios de todo o mundo.
Pola súa parte, o grupo “UNIVERSITY”, que foi fundado por David Kikvadze en 1996, ofrecerá pesas que relatan a aventura do espíritu xeorxiano e o cambio que tivo lugar na súa existencia. O grupo participou en numerosos festivais en diferentes países: México, Estados Unidos, Brasil, Argentina, España (2008, 2010), Ucrania, Francia, Rusia, Belarús, China, Turquía, Italia (2006 – 2011), Rumania, Bulgaria.
Os bailaríns xeorxianos divídense en solistas, parellas e grupo. Cada bailarín ten que subordinarse aos requisitos dun plan común e a sua expresión no baile. Ao mesmo tempo os artistas non perden a sua individualidade,xa que varias danzas esixen a competencia entre membros en forza, axilidade, elevación e movementos audaces.
Khok Khon Witthayakhom Dance Group é o outro dos grupos participantes nesta edición de “Danzando entre Culturas”, foi fundado en 2005 na Provincia de Nong Khai, ao noreste de Tailandia. A maioría dos membros do grupo son estudiantes de secundaria aos que lles gusta o folklore. Algúns deles participaron na promoción do turismo de Tailandia no extranxeiro. Esta danza representa o xogoda gente do noroeste de Tailandia desoís de rematar o traballo diario.
Por último, actuarán os organizadores de “Danzando entre Culturas”, a Agrupación Folclórica “ALGAZARA” que xurdíu a partires dunha xuntanza de mozos e mozas co afán de conservala nosa tradición no folclore, tanto na danza coma na música, aló polo mes de novembro de 1997.Os membros da agrupación repártense entre as seccións de baile, gaita e pandeireta e as respectivas escolas, con idades comprendidas entre os seis e os setenta anos.