As mesas de billar volven tomar un ano máis a Praza Maior no II Billar na Rúa

A Concellería de Deportes, que dirixe Benito Márquez, presentou a segunda edición do Billar na Rúa que terá lugar este sábado día 22 e domingo 23 de xullo a partir das sete da tarde, organizada pola Escola de Billar Sportivo en colaboración co Concello de Ponteareas. Esta iniciativa da continuidade ao evento realizado o ano pasado, e que “tivo moi boa acollida na vila”, sinalou Benito Márquez, concelleiro de Deportes.
Máis de cen xogadores de clubes de toda Galicia achegaránse a Ponteareas para desputar cinco torneos que se simultanearán na Praza Maior e no Centro Artístico Sportivo, debido ao importante número de inscritos nesta edición.
Segundo explica Luciano Novoa, presidente do Club Escola de Billar Sportivo, xogaranse cinco torneos nas categorías de individual de primeira, individual de segunda, parellas, nenos e Speed Pool ou Billar Rápido en tódlas categorías.
Benito Márquez, pola súa parte, sinalou “a importancia de dar continuidade á este evento un ano máis, evento que da visibilidade a unha modalidade deportiva, a do billar, que sempre estivo minorizada e relegada aos bares. É importante que a xente vexa que neste deporte hai moitos profesionais e que en Ponteareas temos moitos deles, e debemos darlle o mérito que merecen”
O sábado en turno de tarde/noite e o domingo todo o día, a Praza Maior e o Centro Artístico Sportivo acollerán o II Billar na Rúa que contará con máis de cen xogadores de billar chegados de toda Galicia.

Podiums en Lalín
A pasada fin de semana o Club Escola de Billar Sportivo acadou o podium no Campionato Galego celebrado en Lalín, destacando o segundo posto de Ramón Fernández de doce anos de idade e xogador do Sportivo e os terceiros postos acadados por Juan Núñez e Dani Novoa na categoría de parellas e polo equipo Goya composto por Óscar, Juan Núñez, Ramón Fernández e Ramón Carrera.
Tamén se fixeron co terceiro posto Iván Calvo, en individual absoluto e José Ángel Nogueira en senior e xogador Top.