Medrando á Par comeza a súa actividade cunha gran acollida

Un total de 33 persoas, entre pais, nais nenos e nenas, participaron nas primeiras sesións desta actividade posta en marcha dende a concellería de Benestar Social e Igualdade, dirixida por Verónica Carrera

6f05d72b18deb9101302819b5ddc5c6b

Acto de presentación de Medrando á Par na Sala de Usos Múltiples do Auditorio

O programa de apoio a familias con nenos de entre 0 e 3 anos que o Concello de Ponteareas vén de poñer en marcha grazas á sinatura do convenio de colaboración coa asociación Medrando á Par comezou a súa andadura con éxito de participación, pois xa son 33 persoas as inscritas neste servizo e tomaron parte das primeiras sesións do mesmo. Ademais o acto de presentación que tivo lugar o pasado 11 de febreiro na Sala Usos Múltiples do Auditorio contou cunha máis que notable asistencia de familias interesadas.

Medrando á Par é una Asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades que xorden na sociedade actual nos eidos social, educativo, familiar, ofrecendo distintos servizos destinados tanto a profesionais como á poboación en xeral.

Grazas este convenio, todas aquelas familias con nenos e nenas entre 0 e 3 anos ao seu cargo, poderán participar en reunións quincenais, de xeito completamente gratuíto, nas que se abordarán cuestións relativas á educación dos nenos e nenas, ofrecendo pautas para os problemas e as necesidades que teñan as familias, como, por exemplo, lograr que o neno e a nena durma só ou que supere os medos nocturnos, entre outros. O lugar no que terán lugar estas sesións será a Escola Infantil Municipal, situada na rúa Escritor Domínguez Benavides, número 1.

As sesión comezaron a pasada semana e xa existen dous grupos de idade: un para nenos e nenas entre 0 e 1 ano e outros para cativos e cativas de 1 e 3 anos. O feito de que o servizo fora presentado e de que as sesións xa estean en marcha non impide que todas aquelas familias interesadas poidan inscribirse a través do número de teléfono 657 753 670.