Medrando á par chega ás parroquias de Ponteareas

Hoxe ás 17 horas a concelleria de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, convídaos a asistir ao primeiro encontro co programa “Medrando a Par” no centro cultural Avisoureira de Guláns. Dirixido a familias con cativos e cativas de 0 a 3 anos, o programa “Medrando a par” visitará o centro cultural cada quince días e dependendo das necesidades dos usuarios e usuarias establecerán diferentes grupos por tramos de idade.

Todas as familias de Areas, Arnoso, Guláns, Cristiñade e Xinzo poderán participar nesta actividade tan só con achegarse ao centro cultural no horario previsto.

Ademais, Verónica Carrera, concelleira de Benestar Social, informa de que aínda se poden anotar familias ao “Medrando a par” que se visita cada quince días a escola infantil do centro urbano.