Meditamos en familia ou xogamos ao pasapalabra en galego?

Atención familias! Novos recursos lúdicos na nosa páxina web. Que tal se comezamos a mañá cunha sesión de dez minutos de meditación que nos faga despregar un enorme sorriso?

A concellería de Educación que dirixe Cristina Fernández e a mestra Susana Lamela propoñen para estes días comezar a traballar o sorriso, o máis enorme que levamos dentro, para sacalo e amosalo aos nosos seres máis queridos. En tan só dez minutos podemos prepararnos para afrontar o día con máis enerxía positiva.Cultivemos todos e todas xuntas un estado interior de ledicia e gratitude!

Hoxe tamén atoparedes no botón “Recursos lúdicos e educativos” da nosa páxina web o afamado xogo “Pasapalabra” en galego co que as familias poderán entreterse e aprender nestes días nos que temos tempo para nós e para os nosos.

Creatividade e diversión a tan só un click http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/04/Recursos-educativos.pdf