Maxia para toda a familia no Centro Cultural de Guillade esta fin de semana co Cultura24

Coa actuación do Mago Marco este sábado 27 de agosto ás 20.30 horas

Maxia para toda a familia no Centro Cultural de Guillade esta fin de semana co Cultura24O programa Cultura24 volve esta fin de semana cunha nova proposta de lecer gratuíto para toda a familia, continuando así co seu obxectivo de “dinamizar e encher de vida e cultura cada unha das parroquias da nosa vila”, como sinala o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

A proposta para este sábado 27 de agosto é un espectáculo de maxia familiar a cargo do Mago Marco, unha viaxe polo ilusionismo con moito humor e participación co que fará soñar a nenas, nenos e maiores. A cita, de balde, será a partir das 20.30 horas no Centro Cultural de Guillade.

O edil convida a toda a veciñanza a asistir a esta nova actuación programada ao abeiro do Cultura24 e que encherá a parroquia de maxia, ilusionismo e moito humor.