Maxia e humor na programación cultural das parroquias

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística que dirixe Hortensia Bautista convida a participar nas actividades culturais e lúdicas que se enmarcan dentro da programación cultural das parroquias financiada ao 100% pola concellería que dirixe. 

Hoxe sábado ás 19:30 horas no teleclub de Pías actuará o monologista Xan Veiga e mañá domingo no centro cultural Antorcha de Cristiñade haberá espectáculo de maxia para toda a familia co Mago Marco ás 18:30 horas.