Máxia cómica na axenda de lectura municipal de Areas

Leo Leiño Cartel bibliotecaO próximo día 14 de maio ás seis da tarde terá lugar na Axencia de Lectua de Municipal de Areas a actividade titulada “Maxía Cómica” realizada pola Contacontos Leo Leiño.
Unha actuación pensada para todos os públicos, especialmente para os nenos a partir de tres anos. Trátase dunha actividade divertida e sorprendente, relacionada coa lectura, unindo o argumento dos libros cos xogos.
Esta sesión de Contacontos está organizada polo programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Pontareas.
O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, quere animar a todos os nenos e nenas de Areas e arredores a achegarse ata a Axencia de Lectura Municipal para gozar desta actividade pensada para promover a lectura