Maxia cómica e contacontos na tarde do xoves, 8 de outubro

O Centro Cultural de Xinzo acollerá un espectáculo de maxia organizado pola Axencia de Lectura Municipal da parroquia ponteareá

A Biblioteca Municipal organiza un contacontos para nenos e nenas maiores de 5 anos

Biblioteca-Municipal-5O Auditorio do Centro Cultural de Xinzo é o lugar escollido para celebrar un espectáculo de maxia cómica pensado para todos os públicos e organizado pola Axencia de Lectura Municipal de Xinzo.

A función dará comezo ás 18:00 horas do vindeiro xoves 8 de outubro. Trátase  dunha actividade enmarcada no programa “Ler Conta Moito”, promovido pola Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.

Ademais, esta semana retomarase a tradicional “Hora do Conto” na Biblioteca Municipal. A actividade, dirixida a nenos e nenas maiores de 5 anos, terá lugar o vindeiro xoves, 8 de outubro, a partir das 18:00 horas.

Dende a concellería de Cultura, xestionada por Hortensia Bautista, anímase a asistir a dous eventos pensados para dinamizar a actividade que os cativos de diferentes zonas da vila desenvolven fóra do horario escolar.