Masterclass de clarinete no conservatorio municipal

O conservatorio municipal de Ponteareas, dependente da concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández, acollerá mañá mércores día 4 de abril unha masterclass de clarinete que comezará ás 17 horas na sala multiusos do auditorio municipal. 

Víctor de la Rosa do conservatorio das Illas Baleares impartirá unha masterclass a preto de vinte alumnos e alumnas completando a inscrición.

As masterclass continuarán durante o mes de abril, e o 20 e 21 deste mes Daniel Portas da Banda Municipal de Santiago de Compostela ofrecerá as clases de trombón e José Luis Vázquez, tamén da mesma banda, a de tuba. 

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, convida a todo o alumnado interesado a anotarse nestas clases que supoñen unha oportunidade para mellorar a formación da man de músicos e mestres expertos destas especialidades.