Máster nacional SUB-13 e SUB-17 de bádminton en Ponteareas

BADMINTONEsta pasada fin de semana o C.B. As Neves organizaba o Máster nacional sub-13 e sub-17. Debido aos requisitos estruturais da proba, esta disputouse no complexo deportivo Álvaro Pino de Ponteareas, o que nos deu a oportunidade de gozar do mellor bádminton nacional nestas idades.

Á entrega de trofeos, asistiron o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, e o concelleiro de deportes Alberto Novoa.