Este martes de Entroido, as rúas de Ponteareas volverán encherse de colorido co desfile de comparsas que, onte domingo desfilaron polas rúas con máis de 600 participantes. Así a partir das oito da tarde, partirán do colexio Virxe dos Remedios facendo o percorrido polo centro para rematar na Praza Maior, onde se fará a entrega de premios ás mellores comparsas: un premio de 500 euros para a gañadora; 300 euros para o 2º premio; un 3º premio de 200 euros e 4º premio de 100 euros. Tamén haberá un premio especial de 300 euros á mellor comparsa en representación das parroquias de Ponteareas. Tras o remate, o concello de Ponteareas ofrecerá unha gran chocolatada popular.
Os máis cativos poderán disfrutar da película “La abeja Maya” ás 17:00 h no Auditorio Reveriano Soutullo.