Maratón de actividades solidario para comezar o ano

maratón-solidario-presO Concello de Ponteareas, o Club Natación Ponteareas e Insdega XXI, empresa encargada da xestión da piscina municipal, organizan un maratón soladario de diferentes actividades o vindeiro 4 de xaneiro de 2016 no Complexo Deportivo Álvaro Pino.

O principal obxectivo da mesma é recadar alimentos e xoguetes para as persoas máis desfavorecidas. Todas as persoas que entreguen un quilogramo de comida ou un xoguete poderán gozar das actividades programadas: ás 09:00 aquagym, ás 10:00 aerobic, ás 18:00 spinning, ás 20:00 gran exhibición de zumba e ás 23:00 natación.

A presentación contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Benito Márquez; do edil de Servizos Sociais, Manuel Troncoso; da presidenta do Club Natación Ponteareas, Pilar Gallego; e de Mario Domínguez en representación de Insdega XXI. O pasado ano recolléronse máis de 700 quilogramos de alimentos, polo que todos os membros organizadores “agardan que este ano se poida acadar unha cifra similar para que o Centro de Reparto de Alimentos do Concello entregue a comida e os xoguetes entre aquelas persoas que máis o precisan”.