Manuel Santomé, vencedor do “V Open de Tenis Vila do Corpus”

grupo corpus 2014 (4)MANUEL SANTOMÉ, ALDARA CALVO, MARTIN MILLOS Y JAVIER IGREXAS foron os vencedores do “V Open Vila do Corpus 2014” celebrado durante os fins de semana do mes de xuño, coa asistencia de 85 tenistas galegos.

Os favoritos non fallaron nas pistas de tenis da Freixa e todos os que partían como cabezas de serie se alzaron co triunfo final.
En sénior masculino, Manuel Santomé conseguiu o seu terceiro Open ao derrotar na final a Juan Hermida, que alcanzou a final procedente da fase previa e derrotando dúas cabezas de serie, nun gran partido para o desfrute dos presentes.
En sénior feminino o triunfo foi para Aldara Calvo derrotando na final a Aida González.
Na categoría cadete, Martin Millos foi o vencedor ante Diego Domínguez nunha disputadísima final.
Na categoría de veteranos, o santiagués Javier Iglesias derrotou a Jorge González.