Mañá xoves, nova cita con “Xoga e aprende do medio ambiente”

A oficina municipal de voluntariado, dependente da concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó, convida a participar na actividade medioambiental “Xoga e aprende do medio ambiente” este xoves 22 de agosto.

Todos e todas as que queiran colaborar poden obter máis información e confirmar asistencia no número de teléfono 687 764 516 ou no enderezo electrónico voluntariado@ponteareas.gal

O horario da actividade é de 10:30 a 12:00 horas e o lugar de comezo a Ponte do Cabalón (Angoares).

O concello de Ponteareas ofrece unha nova actividade libre e de balde na que se persegue a concienciación e a formación de cidadáns máis respectuosos, responsables e comprometidos co futuro sustentable da súa cidade tal e como o marcan a estratexia europea “Ponteareas, Hábitat Saudable”.

A través de distintos xogos adentraránse no mundo dos residuos, da natureza e do plástico sempre co obxectivo de concienciar para vivir nun concello máis sostible, reducindo o emprego do plástico, contribuíndo na reciclaxe e aprendendo a reutilizar os nosos residuos.