Mañá sábado coñece os camiños do patrimonio de Guillade

Bo día, enviamos cartaz da vindeira  andaina de Coñece Ponteareas que se enmarca dentro das actividades organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo do concello de Ponteareas que dirixe a nacionalista Hortensia Bautista.

Mañá sábado 5 de maio ás 17 horas coñeceremos os camiños do patrimonio de Guillade. Cunha dificultade media o punto de encontro establécese no parque das Ameixeiras en Guillade de Arriba.