Mañá andaina dende o parque Ferro-Ucha ao CEIP Mestre Ramiro Sabell

A concellería de Ensino, dirixida en funcións por Cristina Fernández, convida a toda a comunidade educativa a participar na andaina que porá a proba o percorrido do camiño escolar seguro este venres día 31, así o decidíu o grupo dinamizador do camiño na súa última reunión.

Con saída ás nove da mañá dende o parque Ferro-Ucha, nesta andaina analizarase o itinerario e anotaránse as melloras que se deben realizar para que o alumnado poida desprazarse ao seu centro educativo a pé de xeito seguro gañando en autonomía. A andaina remata no CEIP Mestre Ramiro Sabell.

Para detectar in situ as melloras que hai que realizar contaremos co apoio da Policia Local, do equipo técnico de arquitectos e do profesorado.

Cristina Fernández anima a toda a comunidade escolar a participar, a pé, patíns, cadeira de rodas, bici, ou calquera outro medio de transporte non motorizado.