Mañá a partir das 20 horas, final do I Mundialiño de Fútbol

O concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a participar no acto de clausura do I Mundialiño de Fútbol celebrado nas pistas do Centro Artístico Sportivo no que participaron máis de 200 nenos e nenas de toda Galicia. As finais serán este sábado ás 20 horas prebenxamín, ás 21 horas benxamín e ás 22 alevín, sendo a final de infantil ás 23 horas. As finais serán presentadas polo comunicador ponteareán Terio Carrera. A entrega de trofeos será ás 23:50 horas.