Máis de vinte stands amosarán na Feira das Ciencias o lado máis científico do alumnado

 

Terá lugar este venres 25 de marzo na contorna da Casa do Concello de 17.00 a 20.00 horas

 

A Semana das Ciencias pecha mañá a súa sexta edición coa celebración da Feira das Ciencias. Máis de vinte stands de todos os centros educativos de Ponteareas amosarán o alto grao de curiosidade da infancia e da mocidade ponteareá. Experimentos, investigacións, inventos e unha morea de probas e ensaios que demostrarán que a ciencia está agochada en cada xesto da vida diaria.

 

Aos anteriores stands súmanse o de robótica; o da Escola de Enfermaría; o da escritora Isabel Blanco, que asinará o seu libro “As Galegas na Ciencia”; e o stand de Dores Pereira e Paula Lago, no que poderase mercar o seu libro “Herbas da noite”.

 

Este ano a Feira das Ciencias cambia de situación e trasládase á contorna da Casa do Concello. Pero esta non é a única actividade da última cita coas ciencias. Antes, na sala multiúsos do auditorio municipal, a profesora da Universidade de Vigo Pilar Piñeiro falará ás 12.00 horas de “economía circular alén da reciclaxe”.

 

No de día de hoxe a Semana das Ciencias permitiu que cen alumnas e alumnos dos centros de ensino de Ponteareas participaran nunha saída didáctica polo río na que foron acompañados por guías medioambientais e nunha conferencia a cargo da profesora da Escola de Enxeñería Forestal, Xana Álvarez. A cidadanía tamén puido participar na conferencia de Sergio Quiroga, de Ecocelta, e Fernando Castro e Pablo Moure, de Galinsect.

 

Ademais, os máis pequenos e pequenas descubriron os océanos cos obradoiros e contacontos na Praza Maior.

 

Máis de vinte stands amosarán na Feira das Ciencias o lado máis científico do alumnado