Este mércores, día 14 de maio, máis de trescentos escolares de Ensino Secundario de Ponteareas, asisitiron no Auditorio Reveriano Soutullo a un concerto de poemas galegos, interpretados por Tino Baz, entre os que se achegaron aos grandes escritores galegos como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, ou Celso Emilio Ferreiro. Así mesmo, o cantautor salientou a importancia dos músicos ponteareáns Reveriano Soutullo e Rogelio Groba, de quen interpretou a obra “A Freixa”, en homenaxe ao insigne mestre pontearán. Este concerto organizado pola Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro Fernández, a través do Servizo de Normalización Lingüística, dentro das actividades do Mes de Maio, Mes das Letras, ten como obxectivo de difundir a cultura galega entre a poboación xuvenil.
Concello de Ponteareas
Xardins da Xiralda SN -Ponteareas C.P:36860
Pontevedra / telf: 986 64 00 00 - 986 64 00 00 50
Aviso Legal | Proteccion de datos | Uso de cookies