Máis de catrocentos escolares participaron no Cross Escolar

Máis de catrocentos escolares participaron no Cross Escolar organizado pola Asociación Deportiva Escolar do Condado e da Paradanta (ADECONPAR) en colaboración co Concello de Ponteareas e a Fundación Guláns o Cross Escolar e que tivo lugar hoxe en Guláns.

O Concelleiro de Deportes, Benito Fernández, e a Concelleira de Ensino, Cristina Fernández, entregaron os premios xunto á organización.

O cross escolar celébrase dende o ano 2009 no marco do programa Xogade da Xunta de Galicia. 

O alumnado de quinto e sexto de primaria competía nun circuíto de 550 metros percorrendo un total de entre 1200 e 1500 metros dependendo da categoría na que competirán (alevín ou infantil).

Co obxectivo de potenciar a práctica de deportes, de fomentar a convivencia entre a xuventude das dúas comarcas e de promocionar os hábitos saudables, a organización ofreceu aos participantes un avitullamento a base chocolate e rosquillas no que os mozos e mozas pudieron confraternizar e gozar dunha xornada de deporte e lecer. 

Benito Márquez, concelleiro de Deportes, sinalou “a importancia de que actos deportivos deste calibre se celebren tamén nas parroquias, xa que son unha maneira máis de dinamizar estas zonas e de mostrar as boas instalacións coas que conta a nosa vila”.