Máis de 300 participantes na marcha ciclista solidaria

marcha-ciclista-solidariaÉxito de participación na marcha ciclista solidaria que se celebrou o pasado domingo 17 de maio nos municpios de Ponteareas e Mondariz Balneario. Máis de 300 participantes, con multitudes de cativos e cativas, formaron parte do enorme pelotón que decidiu coller a bicicleta para gozar dunha mañá con calor estival.

Practicamente todos os corredores levaron algún premio, ben fora unha bicicleta, un casco, unha camisola ou unha botella para gardar o refresco na propia bici.