Máis de 100 deportistas disputarán o XIII Trofeo de Tenis Concello de Ponteareas

O campionato, organizado polo Club Tenis Ponteareas en colaboración co Concello, celebrarase do 9 ao 18 de setembro nas pistas da Freixa

Máis de 100 deportistas disputarán o XIII Trofeo de Tenis Concello de PonteareasChega unha nova edición do Trofeo de Tenis Concello de Ponteareas. O Clun Tenis Ponteareas organiza en colaboración co Concello da décimo tercera cita deste campionato que reunirá a máis de 100 deportistas chegados de toda Galicia para deixar nas pistas ponteareás os seus mellores golpes.

Do 9 ao 18 de setembro o público poderá desfrutar nas pistas da Freixa con tenistas das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluto feminina e masculina e da de dobres, veteranos +35 e veteranos +45 masculina. Os partidos serán de 16.00 a 22.00 horas entre semana e de 09.30 a 22.00 horas as fins de semana. Trátase dun campionato que sempre acada grande éxito de participación na vila xa que “non é necesario estar federado, só se precisa ter unha raqueta e moitas ganas de pasalo ben para inscribirse e desfrutar deste deporte. É o mellor xeito, sen dúbida, de promover o deporte entre todos os públicos”, asegura o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó.

O edil anima a toda a veciñanza a acudir ás pistas da Freixa para gozar destas xornadas de bo tenis e agradece ao club o seu traballo e implicación para organizar este torneo que chega á súa 13 edición congregando cada ano a un maior número de competidores e competidoras.