Máis de 1.500 sinaturas reclaman da Xunta de Galicia a implantación do bacharelato de Artes en Ponteareas

Alcalde, concelleíra de Ensino, Federación de nais e país e Directores dos IES de Ponteareas respaldaron o envío das sinaturas á Xunta

Unanimidade para que o IES Val do Tea acolla o Bacharelato de Artes

A comunidade educativa de Ponteareas enviou esta semana, por Rexistro, máis de 1.500 sinaturas recollidas demandando a implantación do bacharelato de Artes en Ponteareas.

Apoiados pola concellería de Ensino que dirixe a nacionalista, Cristina Fernández, a FANPO (Federación de ANPAS de Centros Públicos do Condado, A Paradanta e Louriña), o consello escolar municipal e as e os directores do IES todos xuntos e por separado levan dende o curso 2005-2006 solicitando reiteradamente á Xunta de Galicia a grande demanda desta especialidade na comarca. 

Ano tras ano os documentos de preinscrición e de matrícula reflexan o elevado interese que o alumnado do Condado e da Paradanta teñen no bacharelato de Artes e así llo trasladou a comunidade educativa en múltiples ocasións á Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Para coñecer a demanda real a Concellería de Ensino realizou nos últimos dous cursos unha enquisa entre o alumnado de 3º, 4º da ESO e 1º de bacharelato dos centros educativos de Ponteareas e tamén preguntou nos centros educativos que imparten bacharelato de Artes en Vigo (localidadede referencia donde o noso alumando realiza este tipo de estudos). 

“A información recollida revela que temos potencial suficiente en alumnado para poder ter en Ponteareas esta modalidade que daría resposta, despois de tanto tempo, a esta demanda que reflexa a sensibilidade musical e artística da nosa mocidade, cuns 60.000 habitantes en toda a comarca”, manifestou o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas

As sinaturas recollidas e contar cun conservatorio de música, ademais de ser o concello cabeceira da comarca, reforzan a petición de que o noso alumnado non teña que desprazarse fóra para realizar estes estudos. 

O IES Val do Tea acollerá esta especialidade

Fernández Davila adianta en que existe consenso entre os IES en que sexa o Instituto Val do Tea o que acolla esta especialidade recibindo o apoio dos outros dous institutos e do resto da comunidade educativa, incluído o propio concello de Ponteareas. 

Agora só resta que dende a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comecen a tramitación correspondente para implantar dunha vez esta ensinanza pendente na axenda da Xunta dende hai moitos anos. 

Así mesmo, a Concellería adianta que colaborará coa Xunta de Galicia no que sexa preciso para facer realidade esta petición.