Magosto popular e baile tradicional no centro cultural Irmáns Barcia de Padróns

Dentro da programación do circuíto cultural, deseñado pola concellería de Cultura, o grupo de baile e música tradicional Sadeo amenizará o magosto popular que terá lugar no centro cultural Irmáns Barcia de Padróns o domingo 17 a partir das 16 horas.

O circuíto cultural ofrece totalmente de balde actividades de lecer e tempo libre que poñen en valor as nosas tradicións, a nosa música, a danza, a lingua ou o patrimonio histórico ademais de ofertar todo tipo de actividades lúdico didácticas.