A ludoteca municipal remata as actividades de verán

2014-08-20 12.17.57A ludoteca municipal, dependente da concellería de servizos sociais-atención primaria, que dirixe Marisol  Valado, puxo fin as actividades programadas para o verán.

A pesar do mal tempo estival, neste verán a ludoteca municipal contou con 90 inscricións de nenos e nenas con idades comprendidas  entre os 6 e os 14 anos.

Durante os meses de xullo e agosto, desenvolvéronse  múltiples e variadas actividades. Organizáronse talleres como os de pompas de xabón, confección de diademas florais, elaboración de sticks de floorbal, cometas, perruquería, maquillaxe. Taller dos sentidos,  zumba e terapia canina. Tamén se organizaron xogos como: o gran xogo da oca e outros xogos de pistas e paracaídas. Para completar o paquete de actividades, os asistentes participaron en diferentes  excursións, entre elas a unha granxa de cabras, en Mondariz, ao castelo de Soutomaior, aos muíños de Couso, as termas do Prexigueiro, a praia fluvial de Fornelos da Ribeira, etc.

A concelleira Valado, agradeceu aos traballadores da ludoteca, o seu esforzo e adicación, facendo deste verán “unha experiencia inolvidable, tanto para os participantes nas actividades, como  para os pais e nais”, agradecendo a éstes, a  confianza depositada neste servizo municipal.  “E intención da concellería, seguir ofrecendo aos pais e nais,  alternativas de calidade, para o tempo libre dos seus fillos, que por suposto atoparán neste servizo” suliña Valado.

Neste mes de setembro, ábrese o prazo de inscrición para o curso académico 2014/15, para todos aqueles nenos e nenas maiores de 6 anos que queiran acudir a ludoteca municipal, que ten previsto iniciar a súa actividade o vindeiro 1 de outubro.