A Ludoteca de Verán oferta actividades lúdico formativas

A Concellería de Benestar Social abre o prazo de inscrición para as actividades da Ludoteca de Verán. Dende o 26 de xuño ao 28 de xuño os interesados poderán inscribirse de 09:00 a 15:00 horas nas instalacións da ludoteca na avenida Castelao, nº 23, local 1.
As actividades da ludoteca de verán van destinadas a cativos de entre seis e quince anos cun máximo de quince participantes por cada grupo.
Duas horas durante dous días a semana os alumnos da Ludoteca de verán poderán participar en xogos tantos no interior como no exterior, actividades de expresión corporal e musical, manualidades, repostería e cociña, saídas medioambientais e culturais…
A pedagoga municipal e directora da Ludoteca, Ana Belén Fernández, explica que o obxetivo dos obradoiros é ensinar xogando con propostas lúdico formativas.
A Concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, convida a tódalas nais e pais a matricular aos seus pequenos na Ludoteca de verán donde atoparán entretemento e tempo de lecer didáctico.
Para máis información contactar nos teléfonos 986 66 17 53 / 673 794 760