“Ler en feminino”, contos para a igualdade, encandilaron este martes na Axencia de Lectura Municipal de Guillade, en Ponteareas

20150324_121215Este martes, día 24 de marzo, os nenos puideron gozar na Axencia de Lectura de Guillade, da actuación do grupo Lisístrata, quen puxo en escena “Contando en Feminino”, contos contados desde a perspectiva de xénero e igualdade. Son historias e contos para ir concienciando ao público máis novo, para que o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

Esta actividade, enmarcada dentro do programa “Ler Conta Moito” da Consellería de Cultura, e organizada polo Concello de Ponteareas , pretende fomentar a lectura entre os máis cativos.

A actuación do grupo Lisistrata co espectáculo “Contando en feminino” celebrouse este martes pasado, día 24 de marzo, na axencia de lectura de Guillade en colaboración con C.E.I.P de Santiago de Oliveira.