Ler conta moito

Dende a Rede da Bibliotecas de Ponteareas, a través do programa Ler Conta Moito, continúan coas actividades de contacontos e animación á lectura que teñen durante outubro, Mes das Bibliotecas, as datas desta semana son:

AXENCIA DE LECTURA DE GUILLADE. MARTES 17 DE OUTUBRO ÁS 17,00 HORAS

A Titiricleta chegará pilotada  por un grupo de monicreques solidarios, levará  ás nenas e nenos de viaxe a mundos fantásticos na procura da Paz. Unha actividade de Anxo Moure, O Carballo con Botas

BIBLIOTECA MUNICIPAL. XOVES 19 DE OUTUBRO ÁS 18,00 HORAS

 Unha sesión de contacontos a cargo de Bandullo Azúl titulada Filipa cos contos, onde farán unha viaxe polos contos tradicionais amenizados con música en directo.