Lembrades o “Estou na lavadora”… Hoxe ás 20 horas estrea do videoclip musical “Estou na corentena”

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, e a concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, presentan hoxe ás 20 horas unha versión do afamado tema “Estou na lavadora” orixinaria do grupo ponteareán “O Caimán do Río Tea”.

Ás oito da tarde a concellería lanzará no facebook Cultura e Turismo Ponteareas unha nova versión deste tema que se converteu nun éxito da man do programa de Televisión de Galicia “Xabarín Club”.

Estou na corentena” é o título desta divertida versión na que participan integrantes dos grupos O Caimán do río Tea, SonDaRúa, Sulfatar, Skandalo GZ, Max Power, School e artistas como Tonhito de Poi, Chico López, Duke Sam e Baby Jane.

Esta colaboración de artistas e creadores/as musicais pon en valor unha vez máis a nosa cultura e a creatividade e o potencial das e dos nosos músicos e grupos. Esta tarde estades todas e todos convidados a escoitar, divertirvos, bailar e cantar con esta nova versión”, explica Fernando Groba.

Ademais, tamén será lanzado no twitter @visitponteareas

Aha!!! Sacaime pronto de aquí!!!