La Orotava arrecende a arte floral de Ponteareas

A vila canaria da Orotova arrecende a arte floral de Ponteareas dende que as oito desta mañá a delegación de alfombristas de Ponteareas acompañados do Alcalde, Xosé Represas, e da Tenente de Alcalde, Chus Garrote, comenzaron a confeccionar a súa alfombra floral.
Os motivos florais típicos da Vila do Corpus engalanan a entrada da igrexa da Orotova e agardan a que esta tarde ás 19:30 horas saía a procesión que será a que a estree. A alfombra floral de Ponteareas na Orotava será a primeira pola que pase a procesión.
Casca de piñeiro, coca de eucalipto, brezo, hortensia, caravel, sementes e moitas outros materiais naturais, alguns levados dende Ponteareas e outros aportados pola vila da Orotova cubren unha superficie de 8 por 5 metros que pudieron contemplar hoxe milheiros de turistas e visitantes.
Arredor de vinte persoas traballaron desde primeira hora para que hoxe luza espectacular esta alfombra floral típica de Ponteareas e estandarte do Corpus.
Sete veciños do tramo Fernández Vega, os dous representantes do goberno e veciños voluntarios que quixeron acompañar á delegación ponteareán perfilaron e encheron de cor e arrecendo este primero tramo da procesión de La Orotova.
A pé de alfombra ofreceron unha degustación de rosquillas de Ponteareas e repartiron folletos turísticos informativos para promocionar o nome da vila e as suas festas, tradicións e patrimonio.
O Alcalde de Ponteareas mantivo esta mesma mañá una reunión co Alcalde de La Orotova, Francisco Linares, para expor posibles proxectos de colaboración. Disto mesmo falarán na reunión de mañá que manterá a representación institucional de Ponteareas con distintos concelleiros de La Orotava.
“Nestes días aproveitamos tamén para reunirnos co governo de La Orotava e comezar a sentar as bases de futuras colaboracións culturais xa que as duas partes estamos interesadas en incrementar o irmanamento e traballar xuntos na promoción da nosa arte floral e nos distintos puntos que temos en común”, explica o Alcalde, X. Represas.
Dos primeiros en comezar e dos primeiros en rematar, os alfombristas ponteareáns deron exemplo de bo gusto, esforzo e adicación.
O Alcalde e a Tenente de Alcalde, que nestes días participarán en distintos actos institucionais, culturais e de promoción turística, entregaron a medalla de prata que os alfombristas de Ponteareas concederon a un dos membros alfombristas de La Orotava.