IV Torneo Escolar de Xadrez Ramiro Sabell en Ponteareas

 

O Centro Artístico Sportivo acolle o próximo mércores 17 de maio, día das Letras Galegas, o IV Torneo Escolar de Xadrez Ramiro Sabell, organizado polo Club Xadrez Ramiro Sabell en colaboración coa concellería de Deportes de Ponteareas, xestionada por Benito Márquez.

Existe un límite de 150 participantes por orde de inscrición, que estará aberta ata o día anterior ao evento (16 de maio) ás 20h. Entregaráselle un trofeo aos cinco primeiros clasificados de cada categoría, e haberá recordos por participar e sorteo de agasallos ao finalizar.