Ioga na rúa para un lecer saudábel en Ponteareas

Ioga na rúa para un lecer saudábel en Ponteareas

O Concello organiza unha sesión de balde este sábado 13 de maio ás 19.30 horas na Praza da Música dirixida a todas as idades

Ponteareas prepárase para unha fin de semana de lecer saudábel. O Concello organiza este sábado 13 de maio unha sesión de ioga na rúa, unha clase aberta a todas as idades e a todos os públicos que terá lugar ás 19.30 horas na Paza da Música, na praza situada enriba do auditorio municipal. O obxectivo é que as e os participantes poidan gozar dunha experiencia moi enriquecedora, sa e divertida.

A actividade será de balde e as persoas participantes deberán acudir con roupa axeitada e levar esteira. Todas e todos os interesados en asistir poden solicitar máis información ou inscribirse no teléfono 687 76 45 16 ou escribindo un correo electrónico a mocidadeviva@ponteareas.gal.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, convida a todos os ponteareáns e ponteareás a coller a esteira e participar nunha actividade ao aire libre con importantes beneficios para a saúde física e mental.