Inscrición andaina

[supsystic-form id=9]

MANIFESTO:

1. Que estou fisicamente ben preparado para a práctica do sendeirismo, gozo de boa saúde en xeral, sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa miña participación na devandita actividade. Se durante a proba, padecese algún tipo de lesión ou calquera outra circunstancia que puidese prexudicar gravemente a miña saúde, poreino en coñecemento da organización canto antes.

2. Que son consciente de que este tipo de actividade, ao desenvolverse no medio natural, en lugares de difícil control e acceso, levan un risco adicional para os participantes. Por iso, asisto de propia vontade e iniciativa asumindo integramente os riscos e consecuencias derivadas da miña participación.

3. Que dispoño de capacidade física e destreza técnica suficientes como para garantir a miña propia seguridade, baixo as condicións de autonomía nas que se desenvolve a actividade. Igualmente, dispoño do material deportivo e de seguridade esixido pola organización e garanto que se atopa en bo estado, sei utilizalo adecuadamente e levareino encima durante toda a actividade.

4. Que domino e comprométome a cumprir as normas e protocolos de seguridade establecidos pola organización na que vou intervir, así como a manter un comportamento responsable que non aumente os riscos para a miña integridade física ou psíquica. Seguirei as instrucións e acatarei as decisións que tomen os responsables da organización en temas de seguridade.

5. Que autorizo aos Servizos Médicos da actividade, a que me practiquen calquera cura ou proba diagnóstica que puidese necesitar estando ou non en condicións de solicitala. Ante os seus requirimentos comprométome a abandonar a actividade se eles estímano necesario para a miña saúde.

6. Que autorizo á organización calquera fotografía, filmación ou gravación que tomen, sempre que estea exclusivamente relacionada coa miña participación neste evento.
7. Que participo voluntariamente e baixo a miña propia responsabilidade na actividade de sendeirismo. Por conseguinte, exonero ou eximo de calquera responsabilidade aos organizadores, colaboradores, patrocinadores e calquera outros participantes, por calquera dano físico ou material e, por tanto, RENUNCIO a interpor denuncia ou demanda contra os mesmos.