Inicio do proxecto Aquelando 3 en Ponteareas

Q55A4536No Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, a deputada provincial Marta Iglesias, ven de presentar a acción formativa: Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.

No acto, estivo acompañada pola concelleira de emprego Marisol Valado, e persoal técnico da Deputación Provincial.

Esta acción, desenvólvese dentro do proxecto Aquelando 3 do que forma parte o concello, froito da firma coa Deputación Provincial do  “Pacto Provincial para a Calidade e Produtividade Social no Emprego”, que se enmarca no programa operativo europeo “Adaptabilidade e Emprego” do Fondo Social Europeo.

Para este ano, está previsto que no CDL, se impartan tres acción formativas o carón de dito programa.

A deputada, fixo referencia a que para esta edición, a empresa impartidora está comprometida por contrato, a insertar a nove persoas como mínimo, o que supón un 60% do alumnado que participa neste curso. Recordar que para o ano 2015, “no que levamos de proxecto aQuelando 3, 50 persoas atoparon traballo gracias a formación obtida por medio dos certificados de profesionalidade o que supón 30% de inserción global, pero hai que ter en conta que agora estanse a por en marcha 24 accións formativas que supondrán un considerable aumento desta porcentaxe”, subliña Marta Iglesias.

A acción formativa, terá unha duración de 500 horas e nela participan un total de 15 alumnos/as. O longo deste tempo, adquirirán coñecementos e habilidades necesarios para atender a persoas dependentes, no ámbito sociosanitario, na institución onde se desenvolva a súa actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo el equipo interdisciplinar competente e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co contorno. A formación completarase con 80 horas de prácticas en empresas do sector.

O Alcalde Solla, considera a este proxecto formativo, como un dos máis representativos da comarca, pola repercursión na creación de emprego, nun sector prioritario para a poboación, polo que o concello non escatimará apoio e esforzos para seguir  colaborando coa deputación provincial no seu desenvolvemento.

Pola súa banda, a concelleira Valado, agradeceu o apoio, que dende a Deputación se ven dando a inversión para a promoción de actividades formativas, e animou as alumnas a percurar un resultado óptimo, aproveitanto tanto os recursos técnicos, como as novas instalacións do CDL, como didácticos, que o concello puxo a disposición da deputación provincial, para este proxecto. Asomesmo, lembrou aos participantes que “agora, é imprescindible estar en posesión deste certificado de profesionalidade para poder traballar no sector, polo que, a oportunidade que se lles ofrece dende a deputación e o concello é unica, e como tal, compre aproveitala”.