O concelleiro de Xuventude do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández asistiu hoxe a presentación do curso de ´Técnicas de busca de emprego” que terá lugar durante os días 21 e 23 de xullo na Biblioteca Municipal de Ponteareas.
Segundo palabras do concelleiro de Xuventude Andrés Sampedro, este taller pode resultar moi útil para encontrar traballo xa que se ensinan, determinadas técnicas e pasos útiles no proceso de busca de emprego, dende o autocoñecemento ata a entrevista de traballo, pasando pola confección do curriculum vitae.
Dado que estamos asistindo a unha situación económica e social caracterizada polo elevado índice de paro, incidindo especialmente no sector xuvenil, consideramos importante que a mocidade dispoña dunhas habilidades e técnicas que lles faciliten o procesdo de búsqueda de emprego, e que lles axude a que ésta sexa o máis efectiva posible.
As clases impartiranse o 21 de xullo, luns e o 23 de xullo, mércores, en horario de 10,30 h. a 13.30 h