Información sobre o proceso de contratación de 29 persoas desempregadas a través do Plan Concellos 2022

O Concello quere achegar información sobre o proceso de selección para a contratación de persoas desempregadas a través do Plan Concellos 2022 para aclarar posibles dúbidas:

  • É o Servizo Público de Emprego (SEPE) o que realiza a preselección de persoasaspirantes á convocatoria.
  • Na fase actual, o Servizo Público de Emprego pode requirir documentación que se debe facilitar ao propio SEPE.
  • Todas as persoas seleccionadas e citadas polo SEPE deberán presentarse o día e hora indicado polo Servizo Público de Emprego no Centro de Desenvolvemento Local (Loma do Cruceiro, 5 -Ribadetea).
  • É moi importante que acudan a esta cita coa seguinte documentación, orixinais e copias: solicitude de proceso selectivo, DNI, acreditación de situación de desemprego, documentos acreditativos dos méritos alegados, titulación se é o caso, documentación para baremación de criterios sociais e, en xeral, calquera outra documentación que as persoas interesadas consideren de relevancia no proceso selectivo.

 

As persoas interesadas poden atopar toda a información para cada unha das ofertas na web do Concello: https://ponteareas.gal/oferta-emprego-publico/

 

En caso de ser proposto ou proposta para ocupar algún dos postos, indicarase ás persoas seleccionadas que documentación deberán achegar e onde presentala. Toda esta información tamén estará dispoñible na páxina web do Concello.

 

BASES REGULADORAS DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-2023