Información da Oficina Municipal de Información ao Consumidor sobre a moratoria das hipotecas ante a crise sanitaria do COVID-19

A tenenta de alcalde Cristina Fernández informa a cidadanía que xa poden consulta o documento no que a Oficina Municipal de Información aos/as Consumidores/as (OMIC) traslada toda a información relativa á moratoria das hipotecas.
A OMIC de Ponteareas quere informar da medida dirixida a asegurar a protección dos debedores hipotecarios que se atopen nunha situación de vulnerabilidade e que entrou en vigor o 18 de marzo de 2020 dentro das medidas para frenar o impacto económico e social da crise sanitaria do COVID-19.
Este documento pódese consultar no botón COVID-19 da páxina web do Concello de Ponteareas ou no seguinte enlace http://ponteareas.gal/covid-19/