Inauguración da pista de patinaxe con exhibición do club Luar e chocolatada para todas as familias

Ás 17 horas inaugurarase a pista de patinaxe que será de balde para todas e todos

A concellería de Promoción Económica do concello de Pontearesa convida a todas as familias a desfrutar da pista de patinaxe que abrirá as súas portas mañá venres día 3 baixo a carpa da Praza Maior a partir das cinco da tarde e que será de balde para todas e todos.

Con motivo da inauguración, o club patinaxe Luar realizará unha exhibición ás 17 horas na contorna da pista e a continuación haberá chocolatada totalmente de balde para todas as familias. A concellería informa que o chocolate será sen glute e haberá leite de soia para os e as intolerantes á lactosa.

Un ano máis Ponteareas contará con esta actividade que do 3 ao 7 de xaneiro estará aberta nun amplo horario de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas e do 8 ao 30 de xaneiro abrirá de luns a venres de 16 a 20 horas e os sábados, domingos e festivos tamén en horario de mañá de 11 a 14 horas.

Dado o alto interese que suscita a pista de patinaxe, nesta ocasión e para axilizar o uso da mesma, estableceránse tres pases de mañá (11:10, 12:10 e 13:10) e catro de tarde (16:10, 17:10,18:10 e 19:10). Todos eles de corenta minutos de duración.

Para que todas e todos poidamos desfrutar da pista de patinaxe corresponderá a cada nena ou neno un pase diario e aqueles que presenten o ticket do comercio local, por importe mínimo de 20€, terán preferencia na cola que debemos facer tan só quince minutos antes de cada pase.