Inauguración da exposición “ Oficios e traballos nas imaxes do pasado” na Biblioteca Municipal

Q55A4257Onte pola tarde inaugurouse a exposición fotográfica que, baixo o título “ Oficios e traballos nas imaxes do pasado”, inmortaliza a Galicia de finais do século XIX e principios do XX, recordando en imaxes como se levaban a cabo as tarefas do campo e do mar, algunhas xa desaparecidas. Son instantáneas recollidas por fotógrafos anónimos, así como outras de profesionais como Zagala, Pintos, Ferrer, Sarabia, Fernández de los Ríos ou Moreira. Esta exposición forma parte do programa de colaboración en materia cultural do Museo de Pontevedra e a Deputación Provincial.