“Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde”, en Ribadetea o próximo luns

eduvia ribadeteaA Axencia de Lectura de Ribadetea, en Ponteareas, ten preparado un obradoiro de actividades infantís centrado no autor ao que este ano se lle adica o Día Das Letras Galegas. Leva por título “Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde” e terá lugar o vindeiro luns 11 de maio a partir das 18:00 horas.

Trátase dunha actividade gratuita dirixida a nenos maiores de 6 anos e dende a Concellería de Cultura, dirixida por Andrés Sampedro, queren convidar a todos os nenos e nenas da parroquia a divertirse mentres coñecen mellor a Xosé Filgueira Valverde.