A III Subida á Picaraña abre o prazo de inscrición

A asociación deportiva Caminhantes do Condado abre a inscrición para a III subida á Picaraña que terá lugar o vindeiro día 1 de maio. 

Enmarcada dentro do Campionato Galego na categoría cadetes (15 a 17 anos) contará cun percorrido de 6km e 450m con saída ás d10:45 horas dende a piscina municipal.

Tamén terá lugar a carreira popular e andaina de 4km e 350m con saída no mesmo punto ás 10:30 horas.

Todas as interesadas e interesados en obter máis información deberán remitirse á web https://www.caminhantesdocondado.es

Aqueles e aquelas que desexen inscribirse poden facelo na páxina https://championchipnorte.com

A concellería de Deportes, que dirixe o socialista Benito Márquez, apoia un ano máis a subida á Picaraña e convida a toda a cidadanía a participar neste evento que coincide coa tradicional romería, aproveita ademais para animar a todo o mundo a achegarse e admirar o patrimonio natural do noso Concello e que todos e todas debemos valorar.