I Open Internacional Sub-2200 de Xadrez esta fin de semana en Ponteareas

A Concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, colabora no I Open Internacional Sub-2200 “I Gran Premio Bacalao Outón” que se celebrará nas instalacións municipais do Centrro Social da vila situado na Rúa Oriente esta fin de semana, o sábado día 2 e domingo día 3.

Organizado polo club Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas, o torneo desputarase por sistema suízo a cinco roldas cun ritmo de xogo de 60 minutos de reflexión por xogador para toda a partida máis un incremento de 30 segundos por xogada realizada. Os emparellamentos serán informatizados cun programa homologado pola FIDE.

Benito Márquez anima a todos os e as amantes do xadrez a inscribirse no enderezo electrónico xadrezponteareas@yahoo.es ou no número de teléfono 627 249 951.

A inauguración será o sábado día 2 ás 10:15 horas e a clausura e entrega de premios ás 19 horas do domingo 3 de marzo coa presenza do Concelleiro de Deportes, o Comité Organizador e as marcas comerciais colaboradoras.

O prazo de inscrición remata este venres día 1 de marzo as 22:00 horas.

Este primeiro Open de xadrez é unha mostra máis do dinamismo deportivo da nosa vila, que ve como cada vez máis xurden interesantes eventos e torneos que repercuten no benestar da nosa vila. Dende a Concellería de Deportes seguiremos apoiando como ata o de agora este tipo de eventos que dan contido a marca Ponteareas”, sinalou o concelleiro Benito Márquez.