Hoxe… todos concienciados sobre o autismo!!! Pendura no teu balcón algo de cor azul!!!

Hoxe é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, dende o Concello de Ponteareas e dende Familias Azuis queremos convidarvos a asomar o voso apoio a estas persoas lucindo nos vosos balcóns algo de cor azul. 

Unha de cada dez persoas ten autismo. Pero que é? O trastorno do espectro do autismo (TEA) é un trastorno neurobiolóxico do desarrollo que se manifesta nos primeiros anos de vida e acompaña á persoa en todo o seu ciclo vital. Caracterízase pola presenza de dificultades específicas nas áreas sociais, comunicativa e cognitiva. 

A concelleira de Educación e tenenta de alcalde, Cristina Fernández, agradece a toda a cidadanía a súa colaboración e apoio e insiste na importancia de visibilizar as persoas con TEA e de seguir traballando para acadar unha sociedade en igualdade.