Hoxe sesión de cine totalmente de balde na sala multiúsos do auditorio municipal

A concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, programa para esta tarde noite sesión de cine completamente de balde. Ás 20:30 horas proxectarase o filme “Padre no hay más que uno” de Santiago Segura. na sala multiúsos do auditorio municipal. 

Esta comedia familiar está interpretada por Santiago Segura, Toni Acosta, Silvia Abril, Leo Harlem, Luna Fulgencio, Carlos González Morollón, Calma Segura, Sirena Segura, Martina D’Antiochia, Anabel Alonso, Pepa Charro, Wendy Ramos, Fernando Gil, Goizalde Núñez, Marta González de Vega, Carlo D’Ursi, Pilar Calvo Morillas