Hoxe e mañá música de cámara no Festival Groba que nos agasallará obras de Brahms, Mozart, Ysaÿe ou Shostakovich

Hoxe martes continúa o Festival Groba no que poderemos escoitar a Brahms e a Mozart interpretada pola Orquestra de Cámara Galega e solistas como Kyoungmin Park, Damián Hernández, Josef Spacek, Anastasia Kobekina e Federico Colli. 

Mañá mércores teremos a ocasión de gozar coa música de Ysaÿe interpretada por Josef Spacek e das partituras de Cassadó intepretadas por Anastasia Kobekina. Dan man de Federico Colli escoitaremos a música de Shostakovich e por último chegará ao auditorio municipal as creacións de Rachmaninov. 

 

O xoves día 20 a Orquestra de Cámara Galega deleitará ao público coas obras de Stamitz, Holstz e, como non, do mestre Groba e poderemos gozara do clarinetista Spyros Fakiolas.

O venres, Ponteareas vivirá a ocasión única de contar co afamado trompetista Esteban Batallán, encargado de clausurar esta oitava edición que conta co apoio da Deputación de Pontevedra.

Todo o programa premendo aquí https://www.festivalgroba.com/ga-conciertos